Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012 pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para a evolución e deseño de novos servizos englobados na carpeta do cidadán que se ofrecen desde as oficinas virtuais proporcionadas pola Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12-048.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a evolución e deseño de novos servizos englobados na carpeta do cidadán que se ofrecen desde as oficinas virtuais proporcionadas pola Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72000000-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.11.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 118.100,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 118.100,00 euros. Importe total: 142.901,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades: ano 2012: 130.196,00 euros; ano 2013: 12.705,00 euros.

6. Financiamento: esta contratación está confinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1.611A.640.9 do CIXTEC para o exercicio 2012, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación. O crédito do exercicio 2013 quedará sometido á condición suspensiva de existencia de crédito nos orzamentos da entidade para o citado exercicio.

O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18.12.2012.

b) Data de formalización do contrato: 21.12.2012.

c) Contratista: Hewlett-Packard Española, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 114.400,00 euros. Importe total: 138.424,00 euros.

e) Ventaxas da oferta adxudicataria: oferta máis ventaxosa una vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable