Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de outubro de 2012, da Zona Sur do ente público Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A. de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario de Bueu para a regularización dunha liña de media tensión soterrada existente na avenida Xoán Carballeira (expediente 13-17-12-C1).

Fernando Val López solicita en nome e representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Bueu para a regularización dunha liña de media tensión soterrada existente na avenida Xoán Carballeira, segundo o proxecto básico redactado en agosto de 2009 polo enxeñeiro industrial Rubén Menéndez Fernández.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do estado e da mariña mercante (BOE nº 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de outubro de 2012

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia