Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector S-14, Travesía do Porto Norte.

O Pleno do Concello de Ames, en sesión do 29 de novembro de 2012, prestou aprobación definitiva á modificación puntual do Plan parcial do sector S-14, Travesía do Porto Norte, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga).

«Acordo plenario de aprobación definitiva.

Punto sétimo. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector S-14, Travesía do Porto Norte

(...) Rematadas as intervencións, o Pleno da corporación, por unanimidade dos seus membros presentes, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do sector S-14, Travesía do Porto Norte.

Segundo. Ordenar a publicación no DOG do acordo de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial S-14, Travesía do Porto Norte, no prazo dun mes, así como a publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña do documento, xunto coa normativa e ordenanzas. No anuncio farase constar a remisión á consellería competente.

Terceiro. Comunicarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Galicia esta aprobación definitiva, con remisión dunha copia autenticada de dous exemplares completos de documento, con todos os planos e documentos debidamente dilixenciados.

Cuarto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ao disposto nos puntos segundo e terceiro desta proposta e ao que dispoña para o efecto a lexislación reguladora desta Administración actuante. No anuncio farase constar expresamente a remisión da documentación, consonte o establecido no artigo 92.3 da Louga, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Quinto. Notificar o presente acordo aos demais interesados no procedemento coa indicación do réxime de recursos que procedan.

Sexto. Facultar expresamente o alcalde presidente Santiago Vicente Amor Barreiro para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado».

Contra o presente acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector S-14, Travesía do Porto Norte, conforme o previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade ao previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ames, 20 de decembro de 2012

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde