Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1151

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 4 de xaneiro de 2013 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2012 pola que se designan os membros do comité clínico a que se refiren os artigos 15 e 16 da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo.

A Lei orgánica 2/2010, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, establece que, con carácter excepcional, se poderá interromper o embarazo por causas médicas cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida e así conste nun ditame emitido con anterioridade por un facultativo especialista, distinto do que practique a intervención, ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento do seu diagnóstico e así o confirme un comité clínico formado por un equipo pluridisciplinar en que se integren dous médicos especialistas en xinecoloxía e obstetricia ou expertos en diagnóstico prenatal e un pediatra.

De conformidade co establecido no artigo 16 da dita lei, en cada comunidade autónoma haberá cando menos un comité clínico nun centro da rede sanitaria pública. A designación dos seus membros será realizada polas autoridades sanitarias e deberá facerse pública no diario oficial da comunidade autónoma, para un período non inferior a un ano.

De acordo co anterior, cómpre actualizar a composición do dito comité en relación co que figura recollido na Orde do 12 de marzo de 2012, co cesamento e nomeamentos que se recollen na presente orde.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. O cesamento como membro titular do comité clínico de María Guadalupe Alfonsín Somoza, facultativa especialista en xinecoloxía e obstetricia.

Segundo. O nomeamento como membro titular do comité clínico de Eloy Moral Santamarina, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia, que na Orde do 12 de marzo de 2012 figuraba como membro suplente.

Terceiro. O nomeamento como membros suplentes de Luis Miguel González Seijas e de Antonio Mª López Portela, ambos facultativos especialistas en xinecoloxía e obstetricia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade