Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

CORRECCIÓN de erros. Anuncio de aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, proxecto de modificación do réxime de usos do polígono industrial.

No anuncio do Concello de San Cibrao das Viñas publicado no Diario Oficial de Galicia número 233, do 7 de decembro de 2012, referente á aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal de San Cibrao das Viñas, proxecto de modificación do réxime de usos do polígono industrial, comprobouse a existencia dun erro na liña número 6:

Onde di: «sométese a información pública polo prazo dun mes», debe dicir: «sométese a información pública polo prazo de dous meses».

San Cibrao das Viñas, 7 de xaneiro de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde