Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2013 Páx. 1144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública relativo a unha torre de telecomunicacións e un repetidor.

Redes de Comunicación Galegas Retegal, S.A. solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de torre de telecomunicacións nun repetidor de televisión existente e legalización da actividade do repetidor existente que se desenvolverá no exterior, sen nova superficie edificada, no lugar coñecido como O Furado, s/n, na parroquia de Naraío, no predio nº 53 do polígono nº 25 do catastro, e cumprindo o disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste Concello, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

San Sadurniño, 30 de novembro de 2012

Secundino García Casal
Alcalde