Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido notificar por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número citase no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 28 de decembro de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Sindarín Hostelería, S.L.

B-94048691

LU-E 166/12

26.e) LO 1/1992

Pz. da Universidade, nº 5, Lugo

Ata 120 €

Hugo Antenor Barrera Acorsta

34283888-L

LU-E 169/12

26.e) LO 1/1992

Estrada xeral, nº 10, baixo (Bar Roni), A Pontenova

Ata 90 €

Adriane Batista Soto

35592894-A

LU-E 170/12

26.j) LO 1/1992

Vivendas Sociais, bloque 7-2º B, Barreiros

Ata 90 €

Fiorella Jazmín Mora Molina

X-6543269-E

LU-E 175/12

26.e) LO 1/1992

Avda. Ferrol, nº 15, 4º B, Viveiro

Ata 90 €