Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2012/77-2, 8045 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: subestación Monforte 132 kV-ampliación MT.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

A ampliación consiste na reforma do parque de 20 kV, o cal se equipa cunha nova cela de simple barra de protección de liña equipada con:

– Simple xogo de barras xerais de 2000 A, 25 kV.

– Un interruptor extraíble tripolar de corte en baleiro 1250ª, 25 kV, tipo 3AH5 de Siemens.

– Tres transformadores de intensidade 200-400/5-5ª, tipo ACJ-24 de Arteche.

– Un seccionador tripolar de posta á terra, tipo EJ24/25 de Electrotaz.

– Un transformador toroidal de intensidade abrible 60/1 1 A sobre os tres cables unipolares de liña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades do transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 17 de decembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo