Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 937

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (58/2012).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de referencia recaeu sentenza, cuxo encabezamento e resolución son literalmente como segue:

«Sentenza número 43.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo verbal número 58/2012, sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e baixo a dirección letrada de José Luis Martínez-Olivares Gómez, contra Luis Cuesta Álvarez, en situación de rebeldía procesual, dítase esta sentenza en virtude dos seguintes:

Resolución:

Estímase integramente a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Luis Cuesta Álvarez, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a que lle aboe á demandante a cantidade de mil cincocentos oitenta e tres euros con sete céntimos (1.583,07 euros) mais os xuros procesuais do artigo 576 da LAC. Condénase o demandado ás custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso con base no indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que se poderá apelar contra as sentenzas ditadas en toda clase de xuízos, agás as sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis Cuesta Álvarez, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

María del Carmen Vázquez Rodríguez
Secretaria xudicial