Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2012 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da subministración de noventa (90) vehículos, en réxime de alugamento, para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais durante trinta e seis meses durante os anos 2013, 2014, 2015 e 2016 (proposta 72/12-I), actuación cofinanciada polo Feader, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 75 %, eixe 2, medida 226 (expediente 36/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: dotar o dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais dunha subministración de 90 vehículos para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

c) División por lotes e número: si; lote 1: setenta (70) vehículos de tipo 4×4.

Lote 2: vinte (20) vehículos tipo turismo.

d) Lugar de entrega: os vehículos serán entregados na Subdirección Xeral de Defensa contra os Incendios Forestais e despois trasladados polo mesmo adxudicatario aos distritos forestais correspondentes.

e) Prazo de execución: os vehículos deberán ser entregados nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, ata dezaoito meses.

g) CPV: 34113200-4 e 34111200-0.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.875.600 €, IVE (21 %): 393.876 €. Importe total: 2.269.476 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 2.813.400 € euros (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios 25 % e o Feader 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas. Definitiva: lote 1: 81.900 €, lote 2: 11.880 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 40 29 (consultas administrativas), 981 54 74 41/981 54 60 63 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18242

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 4 de febreiro de 2013.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 14 de febreiro de 2013.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e DOG será por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26.12.2012.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar