Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2012/131).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: rúa Rocamador, 2, 15800 Melide.

Denominación: LMTS, CT Campos I ao CT Campos II e os CT en Campos I e Campos II.

Situación: Melide.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, baixo tubo Ø 160 m, a 20 kV (inicialmente a 15 kV), de 119 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, coa orixe no paso aéreo-soterrado proxectado sobre o novo apoio de formigón tipo HVH 2500/15 para instalar na liña aérea existente denominada derivada a Campos, e remate no novo CT de Veiga (Campos I).

Liña de media tensión soterrada, baixo tubo Ø 160 m, a 20 kV (inicialmente a 15 kV), de 1.271 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, coa orixe no novo CT de Veiga (Campos I) e remate no novo CT que se construirá no lugar de Gudín (Campos II).

Novos CT denominados Campos I, cunha configuración 3L+1P, e Campos II, cunha configuración 2L+1P, tipo caseta prefabricada de formigón modular, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,4-0,23 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña