Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2012/202).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica da Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 19, 1º dereita, 15004 A Coruña.

Denominación: centro de manobra e distribución de Froxo (fase II).

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

• Novo bloque de celas de distribución secundaria no centro de manobra e distribución (CMD) de Froxo previsto na primeira fase do proxecto (IN407A 2012/067), composto por unha cela de interruptor seccionador, tres celas de interruptor automático, unha cela de interruptor pasante, tres celas de interruptor automático, unha cela de interruptor automático para batería de condensadores, unha cela de interruptor seccionador e unha cela de protección con fusibles para un transformador de servizos auxiliares de potencia 25 kVA, con relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, sendo todas as celas con illamento SF6 recuperadas do CMM Cillobre (expediente IN407A 2003/222).

• Liña eléctrica soterrada subestación Laracha-CMD Froxo, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,308 km de cada un dos dous condutores tipo RHZ1 2OL (S)-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Cu, con orixe en cela de liña existente na subestación da Laracha, e final en cela de liña existente no CMD de Froxo previsto na fase I do proxecto (IN407A 2012/067), que discorre pola canalización existente recollida nos expedientes 52.515, IN407A 2007/583 e IN407A 2011/296.

• Liña eléctrica soterrada DC CMD Froxo-CT Fofelle, a 15/20 kV, cunha lonxitude total de 0,284 km, con condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, cos seguintes tramos:

– Tramo I, cunha lonxitude de 152 m, con orixe nas novas celas de liñas proxectadas no CMD Froxo, e final en pasos aerosubterráneos que se realizarán no apoio nº 1 proxectado (tipo C*20/9000) da LMTA DC Froxo-Fofelle proxectado, e discorre pola canalización existente recollida nos expedientes IN407A 2007/583 e IN407A 2011/296.

– Tramo II, cunha lonxitude de 132 m, con orixe en pasos aerosubterráneos que se realizarán no apoio nº 4 proxectado (tipo C-20/9000) da LMTA DC Froxo-Fofelle proxectada e final en celas de liña existentes no CT Fofelle (expediente 52.767).

• Liña eléctrica aérea DC Froxo-Fofelle, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,561 km, con condutor tipo LA-110/116,20 mm2, con orixe no apoio nº 1 proxectado (tipo C-20/9000), e final no apoio nº 4 proxectado (tipo C-20/9000).

• Liña eléctrica soterrada CMD Froxo-LMT Estramil, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,071 km, con condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña proxectada no CMD de Froxo, e final en paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 4 existente (tipo C-25/1300) (expediente IN407A 2007/583) onde se conectará coa liña Estramil, e discorre pola canalización existente prevista nos expedientes IN407A 2007/583 e IN407A 2011/296.

• Liña eléctrica soterrada CMD Froxo-LMT A Piña, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,071 km, con condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña proxectada no CMD de Froxo, e final en paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 4 existente (tipo C-25/1300) (expediente IN407A 2007/583), onde se conectará coa liña A Piña, e discorre pola canalización existente prevista nos expedientes IN407A 2007/583 e IN407A 2011/296.

• Liña eléctrica soterrada CMD Froxo-LMT Montemaior, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,071 km, con condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña existente no CMD de Froxo, e final en paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 4 existente (tipo C-25/1300) (expediente IN407A 2007/583), onde se conectará coa liña Montemaior, e discorre pola canalización existente prevista nos expedientes IN407A 2007/583 e IN407A 2011/296.

• Liña eléctrica soterrada CT Foxo-CT Paradela avenida de Caión, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,510 km, con condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña existente no CT Foxo (expediente IN407A 2007/583), e final en cela de liña proxectada no CT Paradela avenida de Caión (expediente IN407A 2002/399), e discorre pola canalización existente prevista nos expedientes 52.515, IN407A 2007/583, IN407A 2011/296 e IN407A 2002/399; para iso retirase unha das liñas que entran no CT Foxo desde o paso aerosubterráneo que se vai retirar do apoio nº 4 (expediente IN407A 2007/583), e a outra liña que entra do apoio nº 4 levarase a unhas das celas de liña proxectadas no CMD Froxo, co que queda o CT Foxo cosido entre o CMD Froxo e o CT Paradela avenida de Caión.

• Reforma do conxunto de celas existentes no CT Fofelle (expediente 52.767), que pasa do esquema actual 3L+1P a un esquema formado por dúas celas de liña, unha cela de interruptor pasante, dúas celas de liña e unha cela de protección con fusibles para o transformador existente, todas elas con illamento en SF6; así mesmo, proxéctase a substitución do apoio nº 10 da LMT A Laracha-Paiosaco, onde se realizará o paso aerosubterráneo que alimenta o CT Fofelle, por un apoio tipo C-FL-14/4500.

• Instalación dunha nova cela de liña con illamento en SF6 no CT Paradela avenida de Caión (expediente. IN407A 2002/399), que será o final de liña da liña soterrada proxectada entre este CT e o CT Foxo (expediente IN407A 2007/583).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 54 da Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares das predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puider realizar e, deste xeito, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura provincial, sito no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 22 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Proxecto: centro de manobra e distribución de Froxo (fase II)

Predios

Propietarios

Afección

Lugar

Localización

Cultivo

Nome e apelidos

Afección

Voo

Sup. ocupada m2

Lonx. m

Sup. afect. m2

1

As Lagoas

A Laracha

Monte alto

María Josefa Ramos Aldao

½ 1

1

2

55

2

Xeixo

A Laracha

Monte alto

Antonio Castro García

½ 1

1

78

1.255

3

Brañas

A Laracha

Monte alto

Pura Fraga Rodríguez

 

 

17

267

6

Brañas

A Laracha

Monte alto

María Mercedes Mariño Añón

 

 

2

96

8

Cascalleira

A Laracha

Monte alto

Hdros. de Estrella Suárez Mañana

 

 

37

561

10

Boucellas

A Laracha

Prado

Raúl García Canedo

2

2

51

875

11

As Leiriñas

A Laracha

Monte baixo

Cladis Montes Souto

 

 

126

1.730

12

As Leiriñas

A Laracha

Labor

Hdros. de Estrella Suárez Mañana

 

 

12

389

13

As Bareiriñas

A Laracha

Monte baixo

Asunción Dubra Suárez

 

 

19

281

14

Os Carballos

A Laracha

Prado

Agustín Fraga Puñal

3

2

91

1.475

15

Cortiña

A Laracha

Labor

María del Carmen Dubra Suárez

 

 

LAT

45

16

Mouriños

A Laracha

Prado

Hdros. de Jesusa Suárez Mañana

Ref.: Esther García Suárez

4

2

30

411