Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 20 de decembro de 2012 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no requirimento 15R001/R-CMD-42-2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1, 5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

Por vacante (Artigo 4.3 do Decreto 184/2011; DOG número 189, do 3 de outubro)
Mª Jesús Muñoz Chesa
Xerente do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Requirimento: 15R001/R-CMD-42-2012.

Interesada: Texgalir, S.L.

CIF: B36743615.

Acto notificado: requirimento.