Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 20 de decembro de 2012 polo que se dá publicidade á resolución que acepta a renuncia á titularidade da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal para a explotación de instalacións náutico-recreativas.

Expídese este anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, adicional á notificación efectuada a todos os interesados identificados no expediente, para poñer en coñecemento de todas aquelas persoas que poidan ter a condición de interesadas no expediente, que por Resolución do 26 de novembro de 2012, o presidente de Portos de Galicia resolveu aceptar a renuncia solicitada pola concesionaria Ronáutica Marinas Internacional, S.A., á titularidade da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal para a explotación dunhas instalacións náutico-recreativas, o que determina como efecto a extinción anticipada da concesión administrativa e, polo tanto, tamén a extinción anticipada da totalidade de contratos asinados e compromisos adquiridos polo concesionario dentro do que constituía a súa esfera de actuación como tal, e é responsabilidade exclusiva do concesionario asumir todas as obrigas liquidatorias que sexan consecuencia da dita extinción anticipada.

E para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia