Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN408A 2012/26).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Técnicas de Nutrición, S.A.

Domicilio social: A Rocha, 15660 Cambre.

Denominación: modificación da coxeración Técnicas de Nutrición a todo-todo.

Situación: Cambre.

Características técnicas:

3 celas de reparo e seccionamento tipo 3L coa seguinte disposición: 1 cela rede, 1 cela de coxeración e 1 cela para fábrica, que se instalarán no edificio do centro de transformación da fábrica, e unha tensión de 20 kV (expediente inicial 808/1996).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña