Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012190TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 21 de novembro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador nº 2012190TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Antonio García Caamaño (RO´CAFE).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Antonio García Caamaño (RO´CAFE) o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contando desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, se for o caso, unha copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2012190TA-CO.

Denunciado: Antonio García Caamaño (RO´CAFE).

DNI/CIF: 32809473.

Último enderezo coñecido: avda. Emilia Pardo Bazán, 11, Erbecedo. 15100 Carballo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.B.2) da Lei 14/1986; artigo 42.e) da Lei 8/2008; artigos 7.u) e 19.3b) da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.