Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: polígono industrial A Chan da Ponte-parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: LMTA, CT e RBT Fiolledo-Salgosa.
Situación: Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 94 metros de lonxitude, con orixe no apoio 8 da LMT Fiolledo-Corzáns e final no apoio proxectado C-4500/22 L-3, do cal continúa subterránea con conductor RHZ1 425 metros finalizando no CT proxectado. centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado no lugar de Salgosa, Fiolledo, Salvaterra de Miño. Redes de baixa tensión aéreo-subterráneas cunha lonxitude total de 790 metros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 28 de novembro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra