Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2012/232-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execució da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: polígono industrial A Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMTA xeral Salvaterra-Salceda 2º circuito, 1ª fase.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-180 de 1.791 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da LMTA xeral Salvaterra-Salceda e final no apoio nº 18 desta. A instalación pasa polas parroquias de Salvaterra e Arantei. Salvaterra de Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 28 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra