Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de decembro de 2012 pola que se notifica o período de proba aberto no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/70/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a notificación do período de proba aberto no expediente de reposición da legalidade urbanística a María Carmen Otero García, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, sitas no lugar de Casal, nº 10, Prado do Pozo, Dorrón, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística