Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de decembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente IU2/97/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 4 de outubro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coa parcelación urbanística efectuada, no lugar de Carrasquedo de Abaixo, parroquia de Vilaza, no termo municipal de Gondomar, provincia de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo á mercantil Promociones Envimar, S.L., mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido este prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística