Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 327/2012, interposto pola Comunidade de montes de Covatos, Veiga de Celeirón e A Parrocha, no concello de Maceda.

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 327/2012, interposto pola Comunidade de Covatos, Veiga de Celeirón e A Parrocha (Maceda, Ourense) contra a desestimación presunta da solicitude de deslindamento e amolloamento administrativo do devandito monte pola Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Ourense.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de decembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense