Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 209/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS polígono industrial de Alvedro (r/ H quinteiro 6).

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 160 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMC-705, entre o CT «C» e o CS parcela H-3, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final en empalmes sobre a LMTS existente SMS-705, tras realizar entrada e saída no novo CS.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña