Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 173/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT Centro Sociocultural Santa Marta.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 70 m, con orixe en arqueta proxectada na LMTS SNT8277, entre o CT Santa Marta, 42 (expediente 158/2001) e o CT Sempre en Galiza, 9 (expediente 458/2004), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no CT Centro Sociocultural Santa Marta proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña