Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 48223

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 18 da Resolución do 7 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego, procédese á publicación no anexo das empresas beneficiarias cunha contía igual ou superior a 3.000 €. As de importe inferior publícanse no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Medios.

Estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.30.151A.470.0 e 04.30.461A.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios

ANEXO

Empresa

Nº expediente

Importe

Ediciones Edisport, S.L.L.

PR858A/3

16.150,05 €

Galicia Proxectos de Comunicación, S.L.

PR858A/2

250.000,00 €

Letras a la Carta, S.L.

PR858A/7

30.195,49 €

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A.

PR858A/1

16.016,57 €

Félix Jorquera Caselas, S.L.

PR858A/15

16.150,05 €

Arrincamos, S.L.

PR858A/17

16.636,04 €

Editorial La Capital, S.L.

PR858A/10

17.391,00 €

Garherve, S.L.

PR858A/13

16.810,34 €

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

PR858A/16

16.659,28 €

Crónicas da Comarca, S.L.

PR858A/8

16.366,84 €

Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, S.L.

PR858A/12

19.816,48 €

Muñiz Domínguez, Miguel Manuel

PR858A/18

13.299,08 €