Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación do acordo pola aparición de restos arqueolóxicos no lugar de Outeiro Gordo sito no polígono 16 da concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 2 de agosto de 2012 do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo pola aparición de restos arqueolóxicos no lugar de Outeiro Gordo sito no polígono 16 da zona de concentración parcelaria de Nebra (Porto do Son-A Coruña).

Interesados:

Gerardo González Lado.

José Vázquez Brión.

Ramona Vázquez Brión.

Juan Vázquez Brión.

José Manuel Tomé Vázquez.

Ramón Pouso Deán.

María Blanco Pouso.

Dolores Vidal González.

Abelardo Martínez Martínez.

María Calo Santos.

José Pouso Rodríguez.

Ramón Pérez Cruz.

Concepción Mayán Filgueira.

Josefa Mayán Vázquez.

Dolores Vidal Blanco.

Ramón Vidal González.

Rosa Tomé Romero.

Juan Calo Vinagre.

María Josefa González Agraso.

Manuel Tomé Tomé.

Mª Avelina González Agraso.

José Ramón Vidal González.

Manuela Pouso Pouso.

Ramón Piñeiro Rey.