No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado polo interesado, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido da resolución, contra a que poderá interpoñerse demanda ante o xulgado do social, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto na letra s) do artigo 2 e no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).
Vigo, 30 de novembro de 2012
P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Nome e apelidos: Carlos García Castro.
DNI: 35952897-X.
Número de expediente: 36/0000220-J/12.
Notificación: resolución de caducidade.
Motivo: non presentar a documentación requirida no prazo establecido.