Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/050).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (Udesa).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS CT Loxo.

Situación: Touro.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,477 km, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe na cela de liña existente no CT Goleta (expediente IN407A 2007/419); retírase para iso o condutor que sae cara ao paso aéreo-soterrado existente (expediente IN407A 2007/419), nun primeiro tramo de 131 m sobre canalización existente (expediente IN407A 2007/419), e final no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 38 proxectado de tipo HV-15/4500, en substitución do apoio existente da LMT Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247), onde está situado o CT Tribas (Loxo) (expediente IN407A 2005/534).

– Desmontaxe da liña aérea recollida no proxecto de reforma LMT a CTI Vilanova e LMT CT A Goleta-Loxo (expediente IN407A 2007/419) entre o paso aéreo-soterrado existente cara ao citado CT Goleta e o apoio proxectado nº 38 citado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña