Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o Acordo de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña), ao ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Expediente: resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesado: Jesús Liñeira Liñeira.

Último enderezo coñecido: Escultor Ordóñez, 154-2-3ª, 08016 Barcelona.

Acto notificado:

«RESOLVO:

Estimar o recurso de alzada interposto por Eulogio Penas Souto, propietario núm. 213, contra o Acordo de concentración parcelaria da zona Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso-A Coruña) e, en consecuencia, tal e como se reflicte nos planos que se achegan:

Modificar a configuración xeométrica dos predios núm. 254, 256, 257, 258, 259 e 260 do acordo, de xeito que pasan a ter:

– O predio núm. 254 do propietario núm. 223 (Ramón Pérez López) unha superficie de 13.794 m2 e 1.336.605 puntos de valor.

– O predio núm. 256 do propietario núm. 67 (Emilio Edreira Sanda) unha superficie de 6.794 m2 e 679.400 puntos de valor.

– O predio núm. 257 do propietario núm. 115 (Jesús Liñeira Liñeira) unha superficie de 7.509 m2 e 659.230 puntos de valor.

– O predio núm. 258 do propietario núm. 213 (Eulogio Penas Souto) unha superficie de 16.826 m2 e 1.347.175 puntos de valor.

– O predio núm. 259 do propietario núm. 322 (Carmen Taboada Reboredo) unha superficie de 9.516 m2 e 799.065 puntos de valor.

– O predio núm. 260 do propietario núm. 223 (Ramón Pérez López) unha superficie de 7.005 m2 e 611.085 puntos de valor.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia e artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíquese aos interesados conforme o establecido pola lexislación vixente».