Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican varias resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2008/00783 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados encóntranse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/Pasaporte

AC-2008/00783

Ana Isabel García Santos

32779057D

AC-2009/01608

Francisco Javier Fernández-Tejeda Pinto

05202211W

AC-2011/00321

Patricia de Fátima Nogueira

X6512604Q

AC-2011/00645

Ana Laura Martínez Dinardi

Pedro Leis Castiñeira

41987445

79320138S

AC-2011/00752

Rosicleide Ferreira Rodrigues

CW623360