Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de decembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/121/2012.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 24 de outubro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Carlos Parga Ceide polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na rehabilitación e ampliación dunha edificación tradicional destinada a uso residencial no lugar do Portelo, nº 29, parroquia de Aspai, no termo municipal de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística