Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de decembro de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107C 2012/11-0.

A instructora do expediente sancionador número 107C 2012/11-0 ditou, o día 13 de novembro de 2012, proposta de resolución na cal se propón a imposición dunha sanción a RPA, S.L. pola comisión dunha infracción urbanística moi grave pola realización de obras consistentes na construción dunha edificación destinada ao depósito e taller de reparación de vehículos utilizados na construción, situadas no lugar de monte Laxalba, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita proposta, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica esta ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística