Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 12 de novembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se notifica a Onedo Ricardo Herrera González a Resolución do 10 de setembro de 2012 relativa á súa situación laboral.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 136, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o 15 de setembro e o 1 de outubro de 2012 inténtase notificar ao médico interno residente en Otorrinolaringoloxía, Onedo Ricardo Herrera González, a Resolución do 10 de setembro de 2012 relativa á súa situación laboral.

Ante a imposibilidade da súa notificación persoal ao interesado, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por medio desta cédula notifícaselle a Onedo Ricardo Herrera González a Resolución da Xerencia do 10 de setembro de 2012.

Comunícaselle, así mesmo, que a citada resolución está á súa disposición nas dependencias da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Universitario A Coruña, As Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña) e poderá acceder a ela das 8.00 ás 15.00 horas, nun prazo de quince (15) días a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Advírteselle que no caso de non comparecencia no prazo sinalado, se dará a resolución por notificada.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña