Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo, por lotes, para impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes desta consellería (expediente 2013.04.FC.A.).

Advertido erro no punto 9.b) Lugar de presentación, da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 19 de decembro de 2012, cómpre realizar a seguinte corrección:

Onde di: «no Rexistro Único da Xunta de Galicia, na oficina situada no Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballo e Benestar, en Santiago de Compostela 15781», debe dicir: «no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar situado na planta 0 do Edificio Administrativo desta consellería en San Lázaro, (enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela)».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9.a) da dita resolución.