Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2012, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4667/2012, interposto polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL.), contra o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

Augas de Galicia recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 4667/2012, interposto polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC.LL.), contra o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

En consecuencia, esta dirección acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia