Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Visantoña (Santiso) para seren notificados por comparecencia da resolución de varios recursos de alzada.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os propietarios do anexo para seren notificados por comparecencia da resolución de varios recursos de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Santiso, A Coruña).

As comparecencias deberán efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 10 de decembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recurso de alzada contra modificación do acordo de concentración.

Acto notificado: Resolución do 2 de agosto de 2012.

Afectado: José Curros Villar.

Expediente: recurso de alzada contra modificación do acordo de concentración.

Acto notificado: Resolución do 2 de agosto de 2012.

Afectada: Pilar Martínez Rial.

Expediente: recurso de alzada contra modificación do acordo de concentración.

Acto notificado: Resolución do 2 de agosto de 2012.

Afectado: José María Mera Varela.