Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47630

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública relativo á construción dun punto limpo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura e o Concello de Nigrán teñen previsto a construción dun punto limpo en Camesella, San Pedro, Nigrán, segundo o proxecto redactado polos ECCP da consultura Egys-Eyser, S.A. (exp. 12/0048SU).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no rexistro xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 11 de decembro de 2012

Alberto Valverde Pérez
Alcalde