Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47516

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifican as bases reguladoras das subvencións para a concesión de axudas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para a extensión de redes de transporte de alta capacidade en poboacións con maior demanda desatendida de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para o período 2010-2012 (procedemento administrativo PR880B).

Con data do 3 de xuño de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), para a extensión de redes de transporte de alta capacidade en poboacións con maior demanda desatendida de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o período 2010 - 2012 (procedemento administrativo PR880B).

No 9 de marzo de 2012 produciuse a constitución efectiva da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa realización da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, quedando suprimida a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, todo isto de conformidade co previsto na disposición adicional primeira do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, «a Amtega asume as competencias e medios materiais que na actualidade lle corresponden á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que quedará suprimida no momento da constitución efectiva da Amtega».

En consecuencia, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do artigo 4 das bases reguladoras

Modifícase a redacción das bases reguladoras aprobadas na Resolución do 28 de maio de 2010, no seu artigo 4, (Ámbito temporal) de xeito que o primeiro parágrafo do dito artigo pasa a ter a seguinte redacción:

«O despregamento da rede poderá alongarse no tempo ata o 15 de decembro de 2012 e o prazo máximo para a posta en servizo é o 1 de xullo de 2013».

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012

Mª Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia