Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 28 de novembro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica o interesado o requirimento de emenda na solicitude de cualificación provisional presentada conforme o Decreto 44/2011.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1922, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de se intentar a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle ao interesado a resolución do procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interporse calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 28 de novembro de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O-CDRR-0808/08.

Responsable: Manuel Barja Yáñez.

Enderezo: rúa Padilla, nº 379, 4-2º, 8025 Barcelona.

Acto administrativo que se notifica: requirimento de emenda na solicitude de cualificación provisional presentada ao abeiro do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.