Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 28 de novembro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente de solicitude de subvención tramitada ao abeiro da Orde do 18 de febreiro de 2009.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1922, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interporse calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 28 de novembro de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O-CSHR-0056/09.

Responsable: María Contreras Camino.

Enderezo: rúa Colón, número 30, 3º esquerda, 32005 Ourense.

Resolución que se notifica: concesión de subvención para rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia (Orde do 18 de febreiro de 2009).