Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 4 de outubro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións das bateas Luis II, Luis III, P. VI e P. XIV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Luis II, Luis III, P. VI e P. XIV, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos con data do 11 de xuño de 2012, María Dolores Miniño Rosales (35305047-R) solicitou autorizacións para a transmisión das concesións das bateas Luis II, Luis III, P. VI e P. XIV.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Dolores Miniño Rosales (35305047-R), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Luis II.

Situación:

Cuadrícula número: 8.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 9.10.1951.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: María Rosales Carballa (76789135-R).

Nova titular: María Dolores Miniño Rosales (35305047-R).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Luis III.

Situación:

Cuadrícula número: 47.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 9.10.1951.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: María Rosales Carballa (76789135-R) e José Manuel Miniño Vieites (35380502-Q).

Nova titular: María Dolores Miniño Rosales (35305047-R).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P. VI.

Situación:

Cuadrícula número: 8.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 2.8.1952.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: María Rosales Carballa (76789135-R) e José Manuel Miniño Vieites (35380502-Q).

Nova titular: María Dolores Miniño Rosales (35305047-R).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: P. XIV.

Situación:

Cuadrícula número: 28.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 2.8.1952.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: María Rosales Carballa (76789135-R) e José Manuel Miniño Vieites (35380502-Q).

Nova titular: María Dolores Miniño Rosales (35305047-R).

A nova titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 4 de outubro de 2012

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo