Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 295/2012 no expediente de reposición da legalidade 107B 2009/43-0, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento ordinario núm. 295/2012, interposto por Pedro Brandón Añón, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística núm. 107B 2009/43-0, polo que se declara ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación, no lugar do Hospicio, Anllo, concello de San Amaro, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a María del Carmen Iglesias Castro e a Zoila Iglesias Castro para que poidan comparecer como interesadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística