Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47227

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (61/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que nos autos 61/2010 se ditou a sentenza número 887/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza:

A Coruña, 23 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 61/2010, en que foi demandante Manuel Rieiro Santos, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Promociones Supor, S.L., así como as entidades aseguradoras Axa Seguros, Caser, S.A. e Helvetia Compañía Suiza, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros, coa representación do letrado Sr. Abuín Porto.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Manuel Rieiro Santos contra a empresa Promociones Supor, S.L., así como contra a compañía aseguradora Helvetia Compañía Suiza, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros e, en consecuencia, condeno a empresa Promociones Supor, S.L. a aboar a Manuel Rieiro Santos a cantidade de 25.000 euros en concepto de indemnización pactada no convenio colectivo de aplicación para o suposto de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo.

Da mesma maneira, debo absolver e absolvo a entidade aseguradora Helvetia Compañía Suiza, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros de cantas pretensións se exerceron na súa contra referidas a este procedemento.

Finalmente, debo acordar e acordo o sobresemento destas actuacións respecto das entidades aseguradoras Axa Seguros e Caser, S.A., como consecuencia da desistencia verificado nas mesmas da parte demandante.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Promociones Supor, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial