Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre a implantación de centro de formación no polígono industrial.

Forma-T 2011, S.L., con NIF B27422302, solicitou desta alcaldía por licenza municipal para a implantación de centro de formación na P-50 do polígono industrial, rúa do Acivro (Vilalba-Lugo). En cumprimento o disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días (contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia), coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 27 de novembro de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde