Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47174

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO de convocatoria do XX premio xornalístico Puro Cora.

O premio xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional e con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2013, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

A correspondencia enviarase a El Progreso de Lugo, S.L., r/ Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2012

Blanca García Montenegro
Presidenta