Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de novembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/116/2012, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 22 de outubro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Marcelino Labrador Cabricano polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización autonómica, consistentes na instalación de dúas casetas prefabricadas de madeira acaroadas sobre soleira de formigón e instalación doutra caseta prefabricada de madeira complementaria das anteriores, no lugar de Ribeiras, no termo municipal de Friol, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística