Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeva (expediente IN407A 2010/69-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Galpellet, S.L.

Domicilio social: rúa Progreso, nº 26, 32002 Ourense.

Denominación: LMT e CT para a planta de transformación de biomasa de Pontedeva.

Situación: polígono industrial de Trado-Pontedeva (Ourense).

Características técnicas:

1. Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubaxe e con condutor RHZ1 2OL 12/20kV Al 3(1×240) mm2 Al, de 200 metros, con orixe no CS do expediente IN407A 2011/64-3 e final no CT tipo obra proxectado, para o transformador de alimentación da factoría, de 1.600 kVA r/t 20.000/420V.

2. Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubaxe e con condutor RHZ1 2OL 12/20kV Al 3(1×240) mm2 Al, de 200 metros, con orixe no CS do expediente IN407A 2011/64-3 e final no CT tipo obra proxectado, para o transformador da planta de coxeración asociada á factoría, de 630 kVA, r/t 20000/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 23 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense