Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46721

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 28 de setembro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 23 de xullo de 2012 (DOG núm. 151, do 8 de agosto) e corrección de erros no DOG núm. 155, do 14 de agosto.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 23 de xullo de 2012 (DOG nº 151, do 8 de agosto), corrección de erros no DOG nº 155, do 14 de agosto, de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 23 de xullo de 2012.

Segundo. O cesamento no actual destino do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o persoal está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

Se é persoal funcionario, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o persoal, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Se é persoal laboral, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días, se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual do/a traballador/a, ou dun mes se radica en distinta localidade e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do/a traballador/a, conforme o establecido no artigo 7.3 do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o persoal, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Gómez Carrera, María Isabel.

NRP: 3609529702 A2051.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: director/a do CAPD.

Código: TR.C99.40.901.36440.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela).

Localidade: Redondela.

Apelidos e nome: Vence Arias, Manuela.

NRP: 3530540046L145100172.

Grupo: II.

Categoría: 17.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: TR.C99.40.801.36001.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Maiores (Pontevedra).

Localidade: Pontevedra.

Observacións: B18 (complemento salarial de singularidade por penosidade) // Complemento de singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 25, co límite establecido no Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.