Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de demasías da concesión de explotación Mesón I número 6215.

A sociedade Forjados Rivera, S.L., con enderezo na rúa Rollo, número 28 baixo, 15300 Betanzos (A Coruña), presentou na Sección de Minas desta xefatura territorial unha instancia en que se solicita o outorgamento como demasías, de acordo co establecido nas disposicións transitorias sétima da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e quinta da Lei 5/1980, do 5 de novembro, de modificación da Lei de minas, con especial atención aos recursos mineiros enerxéticos, do terreo franco e non rexistrable existente en 16 cuadrículas mineiras, ocupadas parcialmente pola concesión de explotación de recursos mineiros da sección c) Mesón I, número 6215.

A designación do terreo en coordenadas xeográficas (ED50) é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

-8º 17’ 20’’

43º 7’ 4’’

2

-8º 17’ 20’’

43º 7’ 20’’

3

-8º 16’ 55’’

43º 7’ 20’’

4

-8º 16’ 55’’

43º 7’ 40’’

5

-8º 16’ 20’’

43º 7’ 40’’

6

-8º 16’ 20’’

43º 6’ 0’’

7

-8º 18’ 20’’

43º 6’ 0’’

8

-8º 18’ 20’’

43º 7’ 20’’

9

-8º 18’ 0’’

43º 7’ 20’’

10

-8º 18’ 0’’

43º 7’ 4’’

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude de demasías poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minaría (Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, BOE número 295, do 11 de decembro) e o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG número 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 22 de outubro de 2012

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña