Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 208/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT a CT Tarrío e CS Tarrío.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a novo CS Tarrío, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 22 m, coa orixe en empalmes para realizar coa LMTS SBN-715B (expediente 231/11), no tramo entre o CT Culleredo (expediente 3.687) e a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final no novo CS Tarrío proxectado.

Liña de media tensión soterrada a CT Tarrío (expediente 27.212), a 15/20 kV, cunha lonxitude de 243 m, coa orixe en cela de liña do novo CS Tarrío proxectado, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en paso de subterráneo a aéreo para realizar na fachada da caseta do CT Tarrío (expediente 27.212).

Novo centro de seccionamento prefabricado Tarrío, tipo manobra exterior, con celas compactas 3L, con illamento SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña