Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 72/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio: r/ Areal, 53 B, 15621 Cabanas (A Coruña).

Denominación: soterrado LMT Atallo-A Pena (expediente 52.601).

Situación: Cabanas.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV Atallo-A Pena, cunha lonxitude de 0,859 km, con orixe no apoio de formigón nº 10 da LMT Atallo-A Pena, HVH 13/1600, de nova execución, e final no apoio metálico nº 14 da LMT Atallo-A Pena, C 16/3000, de nova execución, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×150 Al).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de agosto de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña